A delegada da Xunta recibe á directiva da Asociación de Construtores de Pontevedr

A delegada da Xunta recibe á directiva da Asociación de Construtores de Pontevedra.

A delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo e presidenta do Consorico Casco Vello, Ana Ortiz, mantivo este venres unha xuntanza de traballo con Miguel Caruncho, presidente da Asociación de Construtores de Pontevedra, e con Javier Carballeda, secretario do colectivo, que explicaron tanto á representante autonómica como ao xefe territorial de Promoción de Emprego, José Antonio Fachado, as actividades que teñen proxectadas de forma inminente para cursos de formación aos traballadores do sector.