- O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda mantivo esta mañá unha xuntanza con representantes da Asociación que aglutina a 1.500 traballadores do sector
Vigo, 27 de xullo de 2018.- O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda mantivo esta mañá unha xuntanza cos representantes da recentemente constituída Asociación de Construtores de Pontevedra, na que lle expuxeron os obxectivos da Asociación que botou a andar o pasado mes de novembro e que ten como prioridade incentivar o desenvolvemento e o crecemento do sector, ademais de xerar emprego.
A Asociación de Construtores de Pontevedra (ACP), está constituída por 20 empresas da provincia de Pontevedra, que agrupan a uns 1.500 traballadores e tal como indicaron no seo da reunión teñen como finalidade manter unha interlocución constante e fluída entre o sector e as Administracións Públicas, así como intentar fortalecer o sector da construción na provincia.